header174
Índex *Arxiu *Ressenyes *Bibliofília /Biblioteques /Enquadernació / Història del llibre *Poblet /Montserrat /Terrassa *Subhastes/fires *Gats *Versió antiga

Exposició «Typewriter. A historia escrita a máquina. Colección Sirvent» a Santiago de Compostel·la

28 agost 2011 — Classificat com a: Exposicions
Comentaris (1)

typewriterFins el 8 de gener es pot visitar a la Cidade da Cultura de Galicia a Santiago de Compostel·la l’exposició «Typewriter. A historia escrita a máquina. Colección Sirvent»

En plena era dixital, as máquinas de escribir pasaron a ser case reliquias que nos retrotraen a épocas máis románticas nas que literatos, guionistas, xornalistas ou oficinistas traballaban entre carretes de cinta, líquido corrector e o entrañable son que se producía ao teclear nas súas inseparables máquinas, cos dedos manchados de tinta. Agora, convidámosvos a reflexionar sobre cal foi o papel da máquina de escribir na configuración da nosa historia contemporánea e de como a súa evolución naceu da necesidade de comunicación do ser humano.

Esta exposición é unha homenaxe á radicalidade e eficiencia que achegou a máquina de escribir na aceleración do ritmo das comunicacións e as relacións sociais e que supuxo unha revolución para o mundo gráfico e profesional en xeral.

A Colección Sirvent, de onde provén este significativo legado que expomos, dispón dunhas 3.500 máquinas de escribir, das cales 2.500 están preparadas para o seu normal funcionamento grazas a unha restauración moi rigorosa.

Para esta exposición seleccionáronse máis de 120 unidades que representan o máis destacado da historia universal das máquinas de escribir. A mostra complétase con algunhas intervencións site-specific de artistas contemporáneos, unha significativa selección de carteis publicitarios, caixas orixinais de cintas de escritura e outros instrumentos, tales como protectores de cheques, afialapis, fotografías e métodos curiosos de mecanografía.

Propomos un percorrido cronolóxico que comeza coa emblemática Sholes & Glidden (1873), coñecida mundialmente como The Typewriter. Foi a primeira máquina de escribir producida comercialmente e que traballaba unicamente con maiúsculas, unha ferramenta que se subministraba cunha mesa que nos lembra as das máquinas de coser, así como a súa primeira decoración.

Outras como a Crandall-New Modell (1884) descóbrennos decoracións en ouro e nácara, e empregan un cilindro impresor en vertical.

Tamén atopamos teclados, anagramas e máquinas americanas con marca e teclado ruso, como a clásica Underwood n.º 5 (1901).

Curiosas son tamén outras máquinas como a alemá Thürey (1909), que se asemella a un instrumento musical e da que só se coñecen cinco en todo o mundo, porque foi de escasa fabricación; a Brooks (1887), que imprime de atrás cara a adiante; a Polygraph (1903), unha das máis buscadas por coleccionistas de todo o mundo e que en teclado curvo só se fabricou no modelo aquí presentado; a ODELL (1888), de base redonda, cuxo primeiro modelo que presentamos é o único que se fabricou con catro pés con forma de garra ou a Columbia (1885), que utilizou un sistema de espazado proporcional que establecía o espazo segundo o tamaño da letra.

Aquí encontramos máquinas de escribir normais, de escribir música, de taquigrafía (estenotipias), de escritura en braille, de escribir sobre superficies planas, de xoguete, de escritura encriptada para espías, de abecedario xaponés ou árabe, máquinas con símbolos da S.S. etc.

Todo para entender, ilustrar e contextualizar a evolución do procedemento mecánico da escritura, partindo de que a máquina de escribir lles outorgou un carácter máis oficial e rigoroso aos escritos, ao tempo que supuxo tamén un paso importante para o ingreso masivo da muller no mundo laboral, como dactilógrafa.

A exposición complétase coa intervención de catro artistas contemporáneos: tres españois, Misha Bies Golas, Jorge Perianes e Ignacio Uriarte, e o portugués José Lourenço.

Typewriter. A historia escrita á máquina é, en definitiva, unha fascinante historia sobre a evolución de procedemento mecánico da escritura.

YouTube Preview Image

Entrades aleatòries

Carregant...

1 comentari »

  1. […] a Diari d’un llibre vell vaig saber de l’exposició de part de la col·leció Sirvent de màquines d’escriure a […]

    Retroping per Un xic de llum » Typewriter, a historia escrita á máquina – Colección Sirvent — 15 setembre 2011 @ 19:56

Canal RSS pels comentaris a aquesta entrada. TrackBack URL

Deixa un comentari

 

 

© Copyright 1996-2012 Xavier Caballé.
Si no s'indica expressament el contrari, el material publicat està subjecte a una llicència Creative Commons.
Els continguts i opinions d'aquest bloc són de caràcter exclusivament personal, sense cap relació amb les meves activitats professionals.
Estadístiques